En primer lugar: ¿cuál es el origen del extracto del discurso utilizado al principio? Me atrevo a decir que no es del todo extraño para mí.
O discurso do inicio da demo é un extracto da película “The Warriors”. O argumento da película vai moi en liña coas nosas ideas e co contido das nosas letras. Algunha xente só entende o idioma da violencia...
Ahora, ¡bienvenidos! Bueno, ¡qué comienzo! ¡Vuestro sonido me transporta fácilmente a cualquier calle de Nueva York! Muestra la universalidad de la música.
Era precisamente a idea do noso cometido cando compuxemos e gravamos a demo. Non buscábamos innovar en nada senón de facer algo auténtico… non só co sonido senon ca actitude, que é algo que por desgraza falta no 2021 mires para donde mires
Cuéntanos un poco sobre tu historia como grupo musical, como músicos...
(Joe) Eu levo indo a shows de hardcore dende 2009 e levo tocando en grupos dende 2012, toquei fai anos na extinta banda hardcore/beatdown Turn To Dust e actualmente ademáis de tocar a guitarra en Fractura, toco o baixo en Faced Out (metalcore noventeiro estilo All Out War, Arkangel, Reprisal…) e levo o selo DIY Medusa’s Lair Records, ademáis de montar esporádicamente concertos en Vigo ou axudando aos meus amigos na Coruña.
(Diego) Eu comecei a tocar a batería de forma autodidacta con 14 anos e máis tarde montei unha banda con amigos do instituto chamada Evasion, con influencias do metal, rock e metalcore, coa que apenas tocamos máis alá dalgún concerto de ámbito local. Empecei a introducirme máis no hardcore hai un par de anos e en 2020 uninme a Fractura ao ver por Twitter o anuncio de que buscaban batería, e grazas a eles continúo descubrindo música case a diario.
(Luis) O meu primeiro contacto cos shows do rollo foi arredor de 2010-2011 pero sempre fun un túzaro, musicalmente falando, ata mediados de 2017 que comecei a cantar en Vieitör (Deathcore/Beatdown), a outra banda na que estou aparte de Fractura.
(Anxo) Eu sempre estiven ligado á música pesada grazas a meu pai e meu primo maior. O meu primeiro concerto foi con 14 anos (fai 7 xa) e comecei a organizar concertos ós 17 xunto cos meus colegas e pouco despois tamén xunto a Joe. Fractura é o meu primeiro proxecto musical.
No conozco bandas de Hardcore, galegas. ¿Cómo es la escena Hardcore en Galicia? Conozco algunos nombres del Punk Oi, pero un Hardcore tough, como este, no conocía.
A escena HC en Galicia dende logo que viu mellores tempos… a finais dos 00 e principios dos 10, houbo unha escena brillante. Había moitas bandas, concertos case todos os fines de semana, pasaban moitas bandas estranxeiras, había moitos asistentes, etc.
¿Puedo pedirlos algunas recomendaciones, por favor?
As bandas galegas que quizáis máis se pareceron a nós (e que admiramos) serían Sem Resposta e Ofensiva… aínda que ambas xa levan bastantes anos inactivos. Ao igual que nós cantan en galego pero teñen un sonido mais punk co noso, similar a outras bandas HC da época coma No Turning Back ou No Warning.
De todas maneiras se queredes coñecer bandas de hardcore galegas e que non sexan uns putos pipas que non comprenden do que vai isto e cuxa única aspiración é tocar no Resu, recomendámosvos que busquedes noutro lado… non son bandas hardcore pero se queredes escoitar grupos da nosa terra que merezan a pena que lles botedes unha escoita serían: Tenue (Emoviolence, A Guarda), Hongo (Neo Crust, A Coruña) e Schwarzenegger (Death Metal/Sludge, Ferrol)
Me encanta la referencia a 25 Ta Life, que se nota en tu sonido, pero no encuentro dónde está la parte que se refiere a "ofender a los aficionados del Real Madrid" Lolol me puedes explicar cómo va esto a la música y... ¿Depor o Celta?
(Joe) O primeiro é o
primeiro, o meu corazón sempre será celeste, SEMPRE CELTA!!! Os coruños estan
ben xogando outro ano mais contra o meu equipo de barrio o Coruxo FC a ver se
esta tempada lles dan empatado ahahahah
Alomellor quen non coñeza os nosos inside jokes non poderá entendelo á primeira pero ademáis do HC o que nos une verdadeiramente é a inquina aos madridistas e madrileños (ou españois) en xeral. Anxo por desgracia ten unha tara e apoia ao Atlético de Madrid.
(Luis) O do Real Madrid non o dicimos de forma explícita nas letras pero vai no pack con todo o odio ó que proceda da capital do estado. Jose Mourinho (o anormal), Tottenham e Celta.
(Anxo) Son do Atleti así que non teño moito dereito a falar aquí. Levo xa 3 anos en Coruña así que si que lle pillei algo de cariño ó Depor, sin embargo son do sur, así que Celta sempre. En canto ó do Madrid, non coñezo un símbolo que simbolice e resuma todo o que odiamos máis que ese club, ademáis do asco que nos da no deportivo, así que son todo vantaxes.
(Diego) Eu non teño hate cara ningún dos dous equipos, pero si que simpatizo quizais algo máis co Depor, supoño que por ser eu da provincia da Coruña.
A nivel sonoro, las influencias son reconocibles, pero ¿cuál es el mensaje detrás de vuestro sonido? ¿Qué pretendéis transmitir a todos los que le escuchan?
(Joe) Esa é unha pregunta que poderá responder Luis mellor porque é o que escribe as letras, aínda así, no que estamos dacordo é que somos xóvenes (ou non tan xóvenes según a cal de nos lle preguntes hahah) dunha rexión esquecida, desprezada e que se está deixando morrer. Somos conscientes diso e non temos outra cousa que odio a todos aqueles que nos miran a nós e a nosa xente por enriba do ombreiro.
(Luis) Na demo deixamos unha mensaxe bastante clara e reivindicativa sobre todo no tema homónimo á banda e no rant de Vontade Férrea (antiespañolismo) pero tampouco queremos chegar a ser ise tipo de bandas que só cantan sobre activismo. Fractura sobre todo é violencia e actitude.
(Anxo) Eu creo que as letras xa o din todo hahahaha falamos do que nos da carraxe, do que sentimos e de cómo lle daríamos solución.
(Diego) Penso que a base rítmica dos temas xa expresa por si mesma esa violencia, ao que se une despois o contido das letras e os riffs tan potentes.
Uno de los comentarios en vuestro Bandcamp habla de vuestra música como un manifiesto de la independencia gallega. ¿La idea de autonomía total e independencia, sigue viva en las nuevas generaciones?
En Galiza o movimento independentista está moito menos presente que noutros países que se atopan no mesmo estado que o noso coma Catalunya ou Euskal Herria.
(Joe) Non son un experto en política pero sei que isto é así porque o PP calou dende sempre demasiado forte na Galiza. Persoalmente non me importa moito o movemento indepe porque eu penso que o nacionalismo na actualidade é unha ferramenta que se emprega para distraer á xuventude dos problemas reais que están consumindo as súas vidas. O antiespañolismo meu é mais algo social que algo político.
(Luis) Eu si me considero plenamente independentista e vexo que na miña xeración moita xente pensa coma min, pero de todas formas hai que ter coidado con non guiarnos só polo que vemos nos nosos círculos porque por desgracia hai moito españolista no noso territorio.
(Diego) Creo que os ideais si que seguen bastante vivos
entre as novas xeracións, pero moitas veces enfócanse dun modo máis festivo e
non é iso do que se trata realmente, senón de actuar e difundir estas ideas
para cambiar as cousas.
(Anxo) Eu creo que cada vez vai a máis. Sí que é verdade que non é un independentismo o suficientemente reactivo na miña opinión, pero si que máis xente que se supoñía distante no tema agora se empeza a dar conta do que nos está a facer España.
Desciendo de Transmontano – Bragança – y siempre he visto Galicia como una extensión, al norte, detrás de la colina. Hay momentos en la Historia Ibérica que acercan a ambas "naciones", e incluso en esta era moderna hay sufrimientos transversales a ambas. ¿Son conocedores de la zona "Sur de Galicia"?
Por suposto! Xamáis estivemos na zona de Bragança pero sempre pensamos que todo ao norte do Porto era como unha Galiza do Sur… sempre puidemos comunicarnos en Galego cando estivemos por esa zona sen problema ningún.
¿Y qué tengo que hacer para bajarlos al Sur y prender fuego a Bragança? ¡Y podéis traer Infame con usted, que de Madrid a Bragança es – casi – cerca!
Mándanos unha mensaxe ao DM de Instagram ou ao correo e podemos arranxar algo sen problema!! Tocar en todos os sitios posibles de Portugal estivo de todas formas sempre na nosa lista! Poucas veces escoitarásenos falar algo bo de xente de Madrid pero Infame son xente de 10 e ademáis sacaron unha demo quentísima, así que se o facemos xuntos mellor que mellor!!
22 de mayo de 2021, fecha de lanzamiento de vuestro Demo. ¿Cómo y cuándo fue este proceso de creación y grabación? Bueno, la grabación veo que fue en varias habitaciones, lo que es bastante hardcore. ¿Me podéis explicar un poco más?
Pois a verdade é que a lo menos no momento de gravar a demo estábamos máis pobres que unhas ratas e foi todo bastante improvisado. Joe compuxo as instrumentais dos temas e foinos pasando por audios de WhatsApp para ver se gustaban. Cando escollimos os 4 temas que mais nos molaron gravámolos da forma máis DIY posível:
-
Joe gravou as
guitarras no seu dormitorio
-
Diego gravou as baterías
no seu dormitorio basadas nas guías que había e pasou os midis
- Anxo e Luis gravaron baixo e voces nun piso na Coruña con Joe como “técnico de sonido” quen non ten nin puta idea de gravar xa que foi a primeira vez que gravou algo.
Un colega noso Juanjo que coñecíamos de Twitter ofreceuse a mezclar e masterizar o que gravamos para que o resultado final non fose unha desfeita absoluta e a verdade e que estamos contentos co resultado tendo en conta os recursos que tivemos.
¿La pandemia no os ha asustado y hay nuevas canciones a punto de romper? De una manera más seria: ¿cómo estáis viviendo esta nueva y extraña realidad?
Pensamos que a
pandemia de unha forma ou outra foi un golpe moi duro para todos os nosos
acometidos. De todas formas Fractura formouse en maio do 2020, é dicir, aínda
non sabemos que é ser unha banda fora do ámbito da pandemia (nin sequera
ensaiamos unha soa vez todavía ahahaha). En canto a temas novos, estamos
baraxando algunhas ideas xa pero aínda non hai nada consolidado… pero eu confío
que antes de que termine o ano quizáis publiquemos algunha cousa.
Os primeiros meses de pandemia foron moi raros pero na actualidade é como unha nova normalidade que xa temos asimilada… o mesmo de sempre, só que agora levamos media cara tapada…
El uso de samples es una escena tuya, por lo que escucho. ¿Cuál es el origen del sample de la canción "Guerrilla"?
O sampler do principio do tema é un sampler da película de “Scarface” e o sampler do final é un extracto dun tema dunha amiga produtora de música retro de videoxogos YOOKIHIRA… consideramos importante ademáis da propia composición dos temas de conseguir unha ambientación e estética xeral como se foran os finais dos anos 90 e eses interludios recordan moito ao soundtrack dalgúns menús de videoxogos da PS1, polo que nos veu xenial incorporar eses pequenos guiños.
Señores, creo que ya he tenido suficiente de vuestro tiempo. ¡Tendremos que volver a hablar en el futuro de música y conciertos! ¡Te vigilaré! ¡Un fuerte abrazo!
O pracer é noso, unha
aperta meu, vémonos pronto!
Medusa's Lair Official Bandcamp
Comentários
Enviar um comentário